Thulsa Doom

Thulsa Doom é unha personaxe de ficción creada polo escritor Robert E. Howard para unha serie de relatos destinados á revista de relatos pulp Weird Tales. Tamén é coñecido polo público por ser o arquiinimigo de Conan no filme de 1982 Conan o bárbaro, inspirada tamén nos relatos de Howard e interpretado polo actor James Earl Jones. Cómpre sinalar que orixinalmente esta personaxe nunca apareceu nos relatos de Conan, senón que Thulsa Doom era inimigo do Rei Kull de Atlantis, outra personaxe creada por Howard.[1]

  1. "20 cosas que (probablemente) no sabías de ‘Conan el bárbaro’". Cinemanía. 19 de febreiro de 2015. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search